Sobremesa 2025 - 7 días desafiant el present

Preguntas
frecuentes

Sobremesa 2025 - 7 días desafiant el present

Si, é moi importante inscribirse no formulario de xeito INDIVIDUAL (agás no caso de vires con persoas ou seres non humanos ao teu cargo). É importante para poder calcular cantas seremos e axustar ao máximo as cantidades de comida. PODES FACÉLO AQUÍ: https://forms.komun.org/formulario-de-inscripcion-sm25

¡Claro! O encontro dura unha semana pero podes unirte cando queiras. No formulario de inscripciòn (https://forms.komun.org/formulario-de-inscripcion-sm25) haberà un lugar para indicalo.

¡Polas noites fai frío! Cada quen debe facerse cargo do que necesita para durmir (tenda, saco…). Se non podes, escríbenos e trataremos de axudarche. En todo caso, autoxestión: confiamos nas túas habilidades para atopar a maneira de conseguir os útiles para durmir.

O aloxamento en Covaleda dentro do recinto de Sobremesa poderá ser:
  1. En cámping con tenda, furgo ou camper
  2. Nun sitio cuberto con saco e esterilla (50 prazas aprox.)
  3. En litera (20 prazas aprox.)
Concretarase no formulario segundo as necesidades de cada persoa.

Se o prefires, siéntete libre de buscar outras alternativas de aloxamento pola zona.

Si, a comida está incluída. A achega ao encontro inclúe almorzo, xantar e cea. Todas as comidas son veganas e teñen en conta as necesidades alimentarias particulares. Se é o teu caso, lembra indicalo no formulario de inscrición para poder xestionalo con antelación. Tamén é importante que indiques con precisión os días nos que vas asistir, para que a previsión sexa axeitada. Para comer, cada quen levará o seu propio prato, vaso e cubertos, e cada persoa encárgase de lavar o que usou despois da comida (hai un espazo destinado a iso).

Se decides traer algún petisco de fóra, intenta ter en conta as persoas veganas.

Na zona de acampada hai un par de pavillóns con baños, que se limpan diariamente mediante quendas autoxestionadas. Tamén hai duchas con auga morna.

Non, desculpade, Seguro que haberà activistas super riquiñas que poderàn partillar datos en varias ocasions por se alguen o precisase

¡Si! Este ano estamos a deseñar un espazo “Máis alá do Adulto”. O non adulto é radicalmente inclusivo e interxeracional: abrangue non só a crianzas e adolescentes, senón tamén ás persoas maiores e a todas aquelas de nós que, a calquera idade, nos reivindicamos como non adultas. Soñamos cun espazo no que a produtividade, a competitividade e a présa non teñan cabida: un salón de casa-fogar que ben podería ser de Pipi Mediaslongas, un salón ao ceo aberto con lugares para simplemente estar, ser, contemplar, non facer, falar, bailar, cantar, debuxar, sorrir, gozar...

Máis información aquí: https://nubo.komun.org/index.php/s/kgjQnJMg6TECW6e

Se tes experiencia ou simplemente che apetece botar unha man, escribe a MAAD@komun.org

Si, pódense traer. Indícao, por favor, no formulario de asistencia. É posible que atopes restricións de acceso nalgúns espazos ou que se limiten certas zonas onde non poidan estar soltos. Tamén apelamos á túa responsabilidade respecto aos residuos que poidan xerar.

Sobremesa é un evento sen ánimo de lucro e autoxestionado. Os gastos cubriranse mediante achegas voluntarias das asistentes. O prezo de custo é de 15-20€ por persoa e día. Non queremos que a situación económica sexa un impedimento para ninguén. Se podes doar máis ca iso, estarás facilitando que outrxs compañeirxs tamén poidan asistir e que o encontro saia adiante. Os gastos que precisamos cubrir son: alugueiro do espazo e das instalacións, alimentación (pensión completa), seguro de responsabilidade civil, materiais (limpeza, obradoiros, infraestrutura, etc.), equipo de son, enerxía (electricidade, gas), transporte de material, botiquín… En ningún caso o equipo motor de Sobremesa cobrará pola súa implicación.

Podes facer a túa achega AQUÍ

Hai un equipo de financiamento que busca fundacións ou entidades que apoien economicamente este tipo de iniciativas (normalmente a nivel internacional ou europeo). Porén, polo de agora non contamos cun financiamento externo suficiente. Por iso, son cruciais as contribucións a través do noso crowdfunding .

Seguimos abertas a financiamento externo. É imprescindíbel que quen financie non pretenda, a cambio, que o seu logo apareza en ningures.

Sobremesa serà o entorno ideal para partillar en espazos informais e facilitados as nosas experencias e traxectorias, pòr en comun estratexias e debater do que fixemos e que temos que facer. Faràse con iniciativas similares nas que participachedes e con outras moi distintas.