Somos milleiros, atopámonos nun punto de inflexión, é hora de xuntarnos e pasar á acción.
Ao longo de 7 días xeraremos catro tipos de espazo onde nos formar, partillar estratexias, xerar redes e gozar.
Sobremesa xorde dun sentimento compartido dentro do movemento ecosocial: cómpren espazos de xuntanza e reflexión que nos permitan coñecer os nosos proxectos e facer converxer as nosas tácticas.
Agardamos persoas de tódolos territorios do Estado para pensar de xeito conxunto a respecto das perspectivas de futuro que suscita a crise ecosocial. Para coñecernos e prepararnos xuntis para a vindeira onda de mobilización.
O encontro ofrecerá formacións prácticas e participativas para afondar en contidos fundamentais e transversais a tódalas loitas. Será un espazo no que adquirir ferramentas útiles para a planificación de estratexias.
Partimos de moito coñecemento e anos de experiencia, polo que os espazos de debate, cocreación e coordinación serán esenciais. Para responder á onda reaccionaria que se espalla polos nosos territorios, xuntámonos para establecer alianzas.
Para poder responder a unha nova onda de mobilización crearemos un espazo facilitado para coñecérmonos e tecer redes.
Se non é divertido, non é sostible, polo que haberá momentos de lecer, con concertos, cinema e actividades.
O Encontro Sobremesa volve tres anos despois da súa primeira edición. Se non participaches en 2022, é posible que te preguntes que foi o que aconteceu. Sobremesa foi, e pretende seguir sendo, unha proposta de espazo autoxestionado onde, durante 7 días, persoas preocupadas e activas fronte ás múltiples crises que vivimos, aprendemos colectivamente e dialogamos sobre activismo. A proposta partía da idea de contar con tempo para formarnos en obradoiros, atoparnos para tecer redes e compartir estratexias.
Cada día, centos de persoas iamos de obradoiro en obradoiro, aprendendo novas maneiras de comunicar os nosos discursos, escoitando como sosterémonos nas crises entre todes, practicando a facilitación de reunións ou participando en simulacros de acción directa non-violenta. Tamén nos achegabamos a coñecer a resistencia de pobos orixinarios como a comunidade Yukpa, e explorabamos campañas efectivas para incorporar aos nosos colectivos. Ademais, despois de pasar o día sentades en pacas de palla, movéndonos polas 22 hectáreas do terreo e participando en quendas de comida, limpeza ou coidados que sostiñan a vida no campamento, tamén gozabamos dun lecer que abría imaxinarios e nos facía conectar entre nós.
Este ano tamén haberá obradoiros para adquirir ferramentas para os nosos colectivos, pero tamén se deixará máis tempo a espazos de confluencia entre loitas e á exploración de estratexias conxuntas. Dende o encontro de movementos como os da vivenda, ecosociais, antirracistas, cuir, de defensa do territorio e dende a autoorganización, poremos en común as nosas mobilizacións e pensaremos colectivamente sobre o futuro que queremos construír.
Seremos centos de persoas... convida a quen creas que lle poida interesar!
Sobremesa es un evento sin ánimo de lucro, autogestionado, por lo que las actividades son gratuitas. Se cubrirán los gastos bajo aportaciones voluntarias de les asistentes. El precio de coste es 15-20€ por persona/día. No queremos que la situación económica sea un impedimento para nadie. Si puedes donar más que eso, estás facilitando que otres compañeres también puedan asistir y que el encuentro salga adelante. ¡Gracias!
Los costes son de: alquiler del espacio e instalaciones, alimentación (pensión completa), seguro de responsabilidad civil, materiales (limpieza, talleres, infraestructura, etc.), equipo de sonido, energía (electricidad, gas), transporte de material, botiquín...